8/9/2026
20º OUTONO GASTRONÓMICO DO TURISMO RURAL EN GALICIA
Na Casa do Romualdo podes disfrutar do 20º Outono Gastronómico do Turismo Rural entre o 18 de setembro e o 20 de decembro de 2026.

Na Casa do Romualdo podes disfrutar do 20º Outono Gastronómico do Turismo Rural entre o 18 de setembro e o 20 de decembro de 2026.

O Outono Gastronómico en turismo rural de Galicia ofréceche a posibilidade de gozar dunha saborosa gastronomía facendo unha escapada en parella, coa familia ou amizades; mesmo agasallándote cun tempo para ti.
Dende o 18 de setembro ate o 20 de decembro de 2026*, as casas de turismo rural de Galicia celebramos o “20º Outono Gastronómico”, auspiciado pola Axencia de Turismo de Galicia. Cada unha das casas rurais participantes ofreceremos dous menús diferentes e exclusivos, creados para a ocasión.
Na web de Turismo de Galicia podes consultar toda ainformación, cos menús e modalidades propostos. Alí, entre outras, atoparás o “PaqueteOutono Gastronómico” -que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoctar na Casa -, ou gozar da oferta completa co paquete de “Fin de Semana Outono Gastronómico”.
Asemade, se compartes coa familia a fin de semana, podes acollerte á oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos/as).
Ponlle a mellor guinda, deixándote levar a unha ruta sensorial guiada polo Francisco. Abondará con solicitar o Outono Plus.
* Ofertas válidas só en venres, sábados e domingos.