• RIBEIRA SACRA
  • SEGREDOS DE GALICIA
  • CAMIÑO DE SANTIAGO
  • QUE FACER

Cidades de Galicia

LUGO

A súa muralla romana é Patrimonio da Humanidade. Imprescindible recorrer o seu adarve, pasear polas súas vellas rúas e ir de viños pola rúa Nova e a Praza do Campo.

DISTANCIA
45 km (35 min.)

PARA SABER MÁIS
www.lugo.es
www.lugoturismo.com



OURENSE

Cidade de orixe romana famosa polas súas Burgas, manantiais de auga quente. Lémbrate do bañador e a toalla! unha relaxante ruta termal estache agardando.

Imponse un paseo polas súas pontes sobre o río Miño antes de adentrarse no casco histórico.

DISTANCIA
50 km (45 min.)

PARA SABER MÁIS
www.turismourense.com

www.termalismo.ourense.es



SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago leva séculos atraendo a visitantes e peregrinos de todo o mundo. Por iso dende o primeiro momento sentirás que formas parte dela. Faga sol ou chova contemplar a Catedral dende a Alameda, recorrer as súas vellas rúas e prazas, visitar as súas antigas igrexas e conventos, mergullarse no cadro de cores, aromas e sabores da Praza de Abastos ou subir ás cubertas da Catedral para contemplar a cidade son experiencias únicas.

Hai moitos sitios, pero as suxerencias da páxina Comer en Compostela parécennos do máis interesante. Déixate tentar polos doces que elaboran nos conventos de San Paio e Belvís.

DISTANCIA
90 km (1 h.)

PARA SABER MÁIS
www.santiagoturismo.com




VIGO

Dende a magnífica atalaia do Monte do Castro contémplase a grande cidade industrial do sur de Galicia e a súa ría. Dende o porto é posible achegarse en barco as vilas de Cangas e Moaña así como as Illas Cíes onde, según a revista británica The Guardian, se atopa a praia máis bonita do mundo, a Praia de Rodas.

DISTANCIA
130 km (1 h. 25 min.)

PARA SABER MÁS
www.turismodevigo.es

www.iatlanticas.es
www.guardian.co.uk



PONTEVEDRA

Beber auga na Fonte da Ferrería, achegarse as igrexas de Santa María, San Francisco e San Bartolomé ou descubrir os magníficos tesouros que se gardan no seu Museo Provincial son visitas obrigadas nesta cidade construída sobre a foz do río Lérez, ao principio da súa ría.

DISTANCIA
110 km (1 h. 35 min.)

PARA SABER MÁIS
www.visit-pontevedra.com

www.museo.depo.es



A CORUÑA

Polo paseo marítimo a pé ou en tranvía asomaraste a praias e acantilados, A Domus, a Casa dos Peixes, a Torre de Hércules ou ó Castelo de San Antón.

Ah! non deixes de admirar os esmaltes que adornan as farolas que iluminan este paseo.

DISTANCIA
A 140 km. (1h.30min)

PARA SABER MÁIS
www.turismocoruna.com


Últimas NOVAS

O TEMPO

  • PRAIA DAS CATEDRAIS PRAIA DAS
    CATEDRAIS
  • A ULLOA E O COURELA ULLOA E
    O COUREL
  • FISTERRA E A COSTA DA MORTEFISTERRA E
    A COSTA DA
    MORTE
  • RÍAS BAIXASRÍAS BAIXAS
  • A ARTE DA FE E DA VIDAA ARTE DA FE
    E DA VIDA
  • CIDADES DE GALICIACIDADES DE
    GALICIA
Cofinanciado por: Asociados a:

Fondo Europeo de Desenvolemento Rexional Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Turismo Xacobeo Galicia 2010 Ribeira Sacra Rural
Casa de Aldea - Grupo B Calidade Turística Compromiso de Calidade Turística Espazo sen tabaco Aceptamos animais só no exterior da casa Acceso WIFI Acéptase pago con tarxeta Cama supletoria Berce Salón de estar Comedor Lavado de roupa a clientes Grella a disposición dos hóspedes Fálase inglés Fálase francés Fálase italiano Agricultura ecolóxica Participación dos clientes en tarefas agropecuarias Instalacións para nenos Bicicletas Furgoneta a disposición dos clientes (consultar) Aparcamento cuberto