
QUE FACER
- VAMOS DE FESTA
-
En Galicia temos miles de razóns para reunirnos a celebrar.
FESTAS POPULARES
ENTROIDO RIBEIRAO - Chantada (Finais de xaneiro e principios de febreiro)
FOLIÓN DE CARROS - Chantada (Derradeira semana de agosto)
SON D’ALDEA - Palas de Rei (marzo)
FACHAS DE CASTELO - Taboada (Na noite do 7 ao 8 de setembro)
ROMERÍA DO FARO - Chantada (15 de agosto)
ARDE LUCUS - Lugo (xuño)
FESTAS DE TABOADA - Taboada (Segundo Domingo de agosto)
FESTAS DE CHANTADA - Chantada (Derradeira semana de agosto)
FESTAS DE MONTERROSO - Monterroso (Última semana de setembro)
FESTAS DE ESCAIRÓN - O Saviñao (Primeiro fin de semana de agosto)
FESTAS GASTRONÓMICAS
FESTA DO CALDO DE ÓSOS - Taboada (Decembro)
FEIRA DO COCIDO - Lalín (Febreiro)
FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA - Arzúa (Marzo)
FEIRA DA CARNE AO CALDEIRO - Carballedo (Terceiro domingo de abril)
FEIRA DO POLBO - O Carballiño (Segundo domingo de agosto)
FEIRAS DO VIÑO E AUGARDENTE
FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA - Chantada (O 2º fin de semana de marzo)
FEIRA DO VIÑO DE AMANDI - Sober (O domingo de Ramos)
FEIRA DO VIÑO DE VILACHÁ DE SALVADUR - A Pobra do Brollón (4 e 5 de maio)
FEIRA DO VIÑO E DAS CEREIXAS DE BELESAR - Chantada (25 e 26 de maio)
FEIRA DO VIÑO DE PANTÓN - Pantón (O 1º fin de semana de xuño)
FESTA DA AGUARDENTE - Portomarín (O domingo de Pascua)
FEIRAS
FEIRA DE TABOADA - Taboada (Días 4 e 20 de cada mes)
FEIRA DE MONTERROSO - Monterroso (Día 1 de cada mes)
FEIRA DE CHANTADA - Chantada (Días 5 e 21 de cada mes)
FEIRA DE ESCAIRÓN - O Saviñao (Días 8 e 19 de cada mes)
- PARA PICAR E BEBER
-
TABOADA
RESTAURANTE ANDURIÑA
MONTERROSO
POLBEIRÍA A ESMORGA
CHANTADA
POLBEIRÍA OS PENDELLOS
MESÓN LUCUS
RESTAURANTE CENTRO
O SAVIÑAO
ABACERÍA O BATUXO
- POLO RÍO ABAIXO VAN
-
Varias son as alternativas para navegar polo Miño, o Sil, o Cabe, a Asma:
Cruceiro en barco, piraguas, lancha pneumática, barcas tradicionais e kaiak.
Desde Casa do Romualdo xestionarémosvos, se o desexades, a contratación de calquera destas actividades.
- RUTAS QUE NAMORAN - A PÉ
-
Desde a casa pódense realizar diferentes rutas:
CASA DO ROMUALDO-IGREXA DE STA. MARÍA DE PESQUEIRAS
Por Entre soutos, devesas e ribeiras seguiremos o curso do Miño.
Parada obrigada nas Adegas e Viñedos de Primi Lareu, antes de seguir camiño cara a Igrexa de Sta. María de Pesqueiras.
Dende alí outro pequeno paseo ata o encoro de Belesar.
– Distancia Total 17km.
CAMIÑO DO RIAL
Pequena ruta circular entre prados, leiras e devesas.
RUTA DAS LENDAS - RUTAS QUE NAMORAN - EN COCHE
-
RUTA PARA EMBELESAR
Este excelente plano realizado polo noso amigo Juan, levarate a descubrir os elementos máis importantes da Ribeira Sacra do Miño: as súas xentes, paisaxes, adegas, igrexas, gastronomía, embarcacións, praias…
CEA-STA MARÍA DE OSEIRA-CARBALLIÑO
Desde hai séculos Cea, vén ofrecendo o seu famoso pan, elaborado en fornos tradicionais, a todos os que por alí pasan.
A 9 km atópase o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira, que entre os seus muros acolle unha comunidade de monxes cistercienses. Ademais de visitalo, non deixes de probar o Eucaliptine , o tradicional licor, que alí elaboran.
Seguinte parada O Carballiño, famoso polo seu polbo á feira e as súas canas recheas. A visitar o Templo da Veracruz e o Parque etnográfico do Arenteiro.
LUGO-VILADONGA-PEDREGAL DE IRIMIA
Desde Lugo seguindo a estrada de Oviedo, N-640, atoparás o Castro de Viladonga e o seu excelente centro de interpretación.
A 3 quilómetros de Meira, atópase o Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño, na Lagoa de Fonmiñá.
MONTERROSO-CUMBRAOS-PAMBRE-VILAR DE DONAS
Área recreativa da Peneda, Granxa Maruxa, Castelo de Pambre, Igrexa de Vilar de Donas, Arqueixal.
SAN CIBRAO DE LÁS-RIBADAVIA-ALLARIZ
Castro de San Cibrao de Lás, Ruta do viño do Ribeiro, Termas de Prexegueiro, Castelo, Barrio xudeo, Casco histórico, Museo Galego do Xoguete, Parque etnográfico do Río Arnoia, Museo do Buraco, Museo do Tecido, Museo do Coiro.
CANÓNS DO SIL POR DOADE E SANTO ESTEVO
Doade, Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
- RUTAS QUE NAMORAN - EN BICI
-
Na casa alugamos bicicletas. Tamén colaboramos con Kenindola empresa de actividades de Chantada que organizan rutas en BTT e coñecen a zona como a palma da súa man.
- EN BOA FORMA
-
Relaxarse nas augas do Hotel Balneario de Augas Santas en Ferreira de Pantón ou no Hotel Balneario Río Pambre en Palas de Rei.
- PESCA E CAZA
-
Preto de Casa do Romualdo pódese desfrutar de tres ríos aptos para a pesca tradicional en catro cotos troiteiros:
No río Sardiñeira: Coto da Sardiñeira.
No río Asma: Coto de Chantada.
No río Ulla: Coto de Antas e Coto de Monterroso. - FEITO A MAN
-
ARTESANÍA
ANNE CHAMPENEY - Artesana textil
LLUIS GRAU - Cesteiro
OLERÍA DE GUNDIVÓS - Alfarería
OLERÍA DE NIÑODAGUIA - Alfarería
OLERÍA DE NIÑODAGUIA - Cesteiro
- MUSEOS
-
O SAVIÑAO
ECOMUSEO DE ARXERIZ
MONFORTE DE LEMOS
PAZO DE TOR
MUSEO DE ARTE SACRO DAS CLARISAS
MUSEO DA COMPAÑÍA (PAIS ESCOLAPIOS)
CENTRO DO VIÑO
LUGO
MUSEO PROVINCIAL LUGO
CENTRO ARQUEOLÓXICO DE SAN ROQUE
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MURALLA
CASA DOS MOSAICOS
SALA DE EXPOSICIÓNS DA PORTA MIÑÁ
SANTA EULALIA DE BÓVEDA
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA - Friol
MARCELLE NATUREZA - Outeiro de Rei
CENTRO DE INTERPRETACIÓN AVIFAUNA - Outeiro de Rei
SARGADELOS, MUSEO CARLOS MASIDE