• RIBEIRA SACRA
  • RIBEIRA SACRA
  • CAMIÑO DE SANTIAGO
  • QUE FACER

OFERTAS DE ÚLTIMA HORA

AIRE, AUGA, LUME E TERRA
Na Casa do Romualdo, entre o 3 e o 12 de setembro de 2017, teredes a oportunidade única de poder vivir a maxia do aire, o lume, a auga e a terra.
OS CATRO ELEMENTOS

AIRE: PASEOS EN GLOBO
AIRE: Paseos en Globo
Contan que os que se elevan aos ceos da Ribeira Sacra con corpo e mente relaxadas, arrolados polo seu ventiño lixeiro que parece moverse ao compás da música do Universo, voan logo cos seus pensamentos de luz, en calma e harmonía.

LUME: Folión das fachas en Castelo
LUME: Folión das fachas en Castelo. (7 de setembro de 2017)
Tamén din que os que, baixo o engado das deslumbrantes fachas, danzan nese círculo mítico de lume —brasa viva dunha memoria custodiada— nutren a súa vontade de acendidas e brillantes emocións e decisións
O seu entusiasmo e a firmeza das súas obras asentan dende entón na calma e na harmonía.


AUGA: Balneario de AugasantasAUGA: Cruceiro en barco
AUGA: Balneario de Augasantas e Cruceiro en barco
Sábese que os que se deixan arrolicar e acariñar nas calmas e vivificantes augas que aquí abrollan e flúen entre soutos e ribeiras, son quen, logo, de tornar temporais de outras turbulentas augas en remansos de paz.
Reconfortados por elas, as súas emocións e sentimentos de Amor énchense de calma e harmonía.

TERRA: Corredoiras e viño
TERRA: Corredoiras e viÑo
E é seguro que os que paseando descobren esta terra boa e xenerosa, voltan aos seus fogares cheos de enerxía e forza. Temores e dúbidas esvaécense fronte á súa paciencia infinita e a súa fe inquebrantable. Deles sempre é doado recadar apoio. e, no camiño da vida, van regalando calma e
harmonía.

DATAS DA OFERTA: Do 3 ao 12 de setembro
¿QUÉ INCLÚE A OFERTA?
• Voo sobre a Ribeira Sacra en globo*
• Noite de lume no Folión de fachas de Castelo
• Circuíto termal e tratamento no Balneario de Augasantas
• Cruceiro en barco
• Ruta por soutos e viñedos
• Visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz
• Visita a adega da D.O. Ribeira Sacra con degustación
• 5 noites en Casa do Romualdo en réxime de aloxamento e Media pensión

PRECIO POR PERSOA: 500 €

OBSERVACIÓNS:
• Os almorzos e ceas serán en Casa do Romualdo.
• Os xantares no están incluídos (Podemos xestionar a súa reserva en restaurantes próximos aos lugares a visitar).
• Nos prezos están incluídas as entradas e billetes aos lugares e actividades propostas (voo en globo, cruceiro en barco, visita e cata a adega, tratamento e circuíto no balneario de Augas Santas, entrada Ecomuseo de Arxeriz, gratificacións a acompañantes).
• A reserva desta oferta concertarase ÚNICA i EXCLUSIVAMENTE con Casa do Romualdo.
• A reserva estará suxeita á dispoñibilidade de prazas. Unha vez efectuada a mesma, só se admitirán cambios ata 14 días antes do inicio da estadía.
• No caso de non PRESENTARSE NAS DATAS establecidas, perderase o seu valor e non poderá ser usada.
• No caso de querer prolongar a estadía ou desfrutar de servizos non incluídos na oferta, deberá aboar a cantidade restante correspondente.

Información e Reservas.
982 45 50 10 //650 22 66 46
info@casaromualdo.com

*A viaxe en globo depende das condicións meteorolóxicas. Entre 12 e 24 horas antes, a empresa porase en contacto por teléfono e/ou mail cos pasaxeiros para confirmar ou cancelar a actividade.
No caso de inclemencias meteorolóxicas que impidan realizar o voo, a empresa aprazarao e de común acordo, se fixará nova data sen custe algún para o cliente.


Últimas NOVAS

O TEMPO

  • TENDA DO ROMULADO TENDA DO
    ROMUALDO
  • RECANTOSRECANTOS
  • OS BURROSOS BURROS
  • A NOSA COCIÑAA NOSA COCIÑA
  • LIGAZÓNSLIGAZÓNS
  • FALAN DE NÓSFALAN DE NÓS
Cofinanciado por: Asociados a:

Fondo Europeo de Desenvolemento Rexional Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Turismo Xacobeo Galicia 2010 Ribeira Sacra Rural
Casa de Aldea - Grupo B Calidade Turística Compromiso de Calidade Turística Espazo sen tabaco Aceptamos animais só no exterior da casa Acceso WIFI Acéptase pago con tarxeta Cama supletoria Berce Salón de estar Comedor Lavado de roupa a clientes Grella a disposición dos hóspedes Fálase inglés Fálase francés Fálase italiano Agricultura ecolóxica Participación dos clientes en tarefas agropecuarias Instalacións para nenos Bicicletas Furgoneta a disposición dos clientes (consultar) Aparcamento cuberto